Retazos do tempo

Un collage audio-visual para una odisea secular

“La historia no se construye como acumulación de pasados, sino como acumulación de presentes desde los que se proyectan esos pasados”. *

DESCRICIÓN DO PROXECTO

É unha obra contemporánea en formato audiovisual e participativo. Durante a súa proxección en pantalla realizou unha narración performática en vivo, como unha forma de transmutar o drama e de animar ao público presente a participar do intercambio compartindo posteriormente algunhas actividades.

Invito a subirse dun ou outro modo a todas aquelas persoas interesadas neste viaxe, compartindo as súas historias en entrevistas, debuxos ou textos. Con eles cada unha realizará o seu propio barco de papel que logo botaremos desde a costa máis próxima. Tamén poden enviar as súas cartas vía correo postal á casa da nai en Bos Aires. As pequenas naves zarparán levando os seus retazos de tempo a modo de desexo ou despedida desde diferentes orientacións do Océano Atlántico, como unha acción poética transversal ás nosas experiencias irmáns por circunstancias similares.

A exposición complétase facendo unha montaxe de acuarelas con integrantes da miña familia e un render do audiovisual. A mostra é dinámica e reedítase constantemente, enriquecida pola acumulación de materiais biográficos, históricos e culturais, transformándose nunha obra viva e maleable.

Isto non é unha crónica, non é un documental e por suposto non é unha ficción. É simplemente unha acumulación de presentes desde os que se proxectan eses pasados,arracimados nun «collage audiovisual e participativo”.

Ben que orixinalmente este proxecto foi de carácter autobiográfico, no devir da miña primeira aproximación cartográfica nos territorios onde se desenvolve (Patagonia, Bos Aires, Galiza) pode detectar, a través dunha escoita atenta, certa empatía e interese colectivo en sendas terras. De tal modo a miña historia familiar en contexto, xira como un fío condutor da enunciación, cedendo pola súa vez o protagonismo a novas historias que me devolve o espectador alimentando a miña bitácora con retazos de tempo. O eixe central da miña propia historia intenta articularse con algunhas de tantas anécdotas daquelas épocas que recollo neste camiño, e que pola súa vez xeran as súas propias derivas. Desencontros, peripecias, enfrontamentos, cruzamentos migratorios entre Latinoamérica e Galiza, fuxidas e fabulacións varias van armando o collage. Deste modo a obra retroaliméntase constantemente en cada presentación a partir dos rexistros e novos testemuños, así como da posterior intervención á orixe do mar.

Este proyecto ha sido declarado de Interés Cultural en Argentina por:

MUNTREF Centro de Arte Contemporáneo y Museo de la Inmigración, CABA

ARMH Asociación por la Recuperación de la Memoria Histórica, CABA

ABC Corcubión, dependiente de la Federación de Asociaciones Gallegas de la República Argentina, CABA

Universidad Nacional de la Patagonia UNPSJB, Chubut.

A su vez cuenta en España con respaldos de:

Universidade Popular de Corcubión, Corcubión, A Coruña.

Arraianos Producións, productora audiovisual, Santiago De Compostela.

A Madriña Asociados, asociación cultural sin fines de lucro, Vigo.

Registros en Puerto Madryn, Argentina

Registros en Vigo, España

Mi madre, mis tíos y mis abuelos en Argentina, 1948

CONTACTO

¿Quieres ser parte de este proyecto o solo mantenerse más informado?